23.6.17

Noraboa rapaces!

Queridos alumnos/as:

Hoxe remata unha etapa moi importante nas vosas vidas que seguramente todos recordaredes sempre con moito cariño. Tamén para min serán uns recordos moi emotivos xa que cheguei coa maioría de vós ao Brea Segade e, despois de seis anos, tamén marcho con vós...
Déixovos aquí un pequeno agasallo que seguro lle arrincará algunha bágoa a máis de un.
Moita sorte na nova etapa que comezades e aquí me tedes se precisades de min.
Un bico enorme!


20.4.16

Letras Galegas 2016: Manuel María


Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao escritor Manuel María. Deixámosvos unha serie de recursos e xogos para que aprendades máis sobre este autor:
 




Test sobre Manuel María

Todos estes recursos foron elaborados por Aurora Gay Méndez (CEIP A Ponte, Lugo)

Os Xogos Olímpicos

Este trimestre en educación física tedes que realizar un traballo de investigación sobre os xogos olímpicos. Aquí tedes as instrucións para elaboralo:


"Elabora un trabajo sobre los juegos olímpicos, donde queden reflejadas las respuestas a las siguientes cuestiones:

1. Diferencia entre juegos olímpicos y olimpiadas.

2. Qué simbolizan los aros olímpicos.

3. Origen de los JJOO.

4. Dónde y cuándo se originaron los JJOO modernos.

5. Qué es el COI y función.

6. Medallas y diplomas olímpicos.

7. Sede de los JJOO. Cuándo se celebraron en España y cuál es la sede de los JJOO en 2106.

8. Juegos paralímpicos.

9. Juegos de juventud.

10. Juegos de invierno.

11. La mujer hizo aparición por primera vez en unos juegos olímpicos...

12. Cuáles fueron los primeros juegos olímpicos en la historia, en los que todos los países participantes incluyeron mujeres  en su equipo olímpico.

13. Existen dos deportes en los cuales los hombres no participan, ¿cuáles son?

14. Da tu opinión de cuál puede ser el impacto económico y social  de los JJOO en los países y ciudades sedes.

15. Deportistas olímpic@S GALEG@S. Escoger un/una y comentar brevemente.


El trabajo será presentado a ordenador, letra Arial 12 y de un máximo de cinco folios. Fecha límite de entrega el 12 de mayo."

14.4.16

Unha viaxe a través da Historia

En Ciencias Sociais comezamos a estudar a Historia e descubrimos que é moi interesante e divertida. Se non me credes, probade esta actividade feita polo CEIP. Brianda de Luna, que nos fai un percorrido desde a Prehistoria ata o Século de Ouro, deténdose en Roma, a Idade Media e Al-Andalus.

http://catedu.es/chuegos/historia/historia.swf


8.4.16

London Cable Car - Teleférico de Londres

Na clase de Plástica estivemos traballando sobre o London Cable Car. Isto foi o que aprendemos:

The London Cable Car crosses the River Thames in East London, between The Royal Docks and the Greenwich Peninsula.

O teleférico de Londres cruza o río Támesis no este de Londres, entre os Peiraos Reais e a Península de Greenwich.


The cars leave each terminal every few seconds. Journey time is ten minutes which gives visitors time to appreciate the view. Each car can seat up to ten people and two bicycles, and boarding is monitored by staff.

As cabinas saen das terminais cada poucos segundos. A viaxe dura dez minutos, tempo suficiente para que os visitantes aprecien as vistas. En cada cabina poden ir ata dez persoas e dúas bicicletas, e o embarque está controlado polo persoal.
 
The cable car opens at 7 am Monday-Friday, 8 am Saturday and 9 am Sunday. It closes at 8 pm during the winter months (October to March) and at 9 pm during the Summer Months (April to September).

O teleférico abre ás 7 da mañá de luns a venres, ás 8 da mañá os sábados e ás 9 os domingos. Pecha ás 8 da tarde durante os meses de inverno (de outubro a marzo) e ás 9 da tarde os meses de verán (de abril a setembro).

The service may be suspended if there are strong winds, or if there is a threat of thunder and lightning in the immediate area. Service status information can be obtained from the Transport for London website.

O servizo pode suspenderse se hai vento forte ou se hai ameaza de treboada e raios na área cercana. O estado do servizo pode consultarse na páxina web de Transporte de Londres.

Ademais de aprender toda esta información sobre o London Cable Car, os alumnos e alumnas do 5º pino B fixeron as súas propias cabinas do teleférico:




24.2.16

Día de Rosalía



Hoxe é 24 de febreiro. Esta data coincide co día do nacemento da escritora Rosalía de Castro, por iso hoxe se celebra o Día de Rosalía.
Para saber máis sobre esta autora visitade a páxina web da Fundación Rosalía de Castro.  Nesta web atoparedes información sobre a biografía e a obra de Rosalía, distintas imaxes e representacións artísticas da autora e información sobre a Casa-Museo, situada en Padrón.




En días anteriores, cada alumna e alumno ilustrou e escribiu unha tarxeta postal cun anaquiño dun poema de Rosalía para enviar ás familias e desexarlles un feliz día. Agardamos que lles gustaran as tarxetas e lles fixera ilusión recibilas. Seguro que foi unha sorpresa!



 

Ademais, hoxe conmemoramos esta data na escola cunha lectura e recitado de poesía durante a  hora de ler. Os nenos e nenas do 5º pino B leron o seguinte poema, titulado Alborada:








Vaite, noite,
vai fuxindo.
Vente aurora,
vente abrindo,
co teu rostro,
que, sorrindo,
a sombra espanta!!!

Canta,
paxariño, canta
de ponliña en ponla,
que o sol se levanta
polo monte verde,
polo verde monte,
alegrando as herbas,
alegrando as fontes!...

Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos e temores,
agoreira
de dores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
Sal!

Que a auroriña
o ceu colora
cunhas árbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
tinguidiño
de escarlata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
entre as ondas
de cristal.

Sal...!
Señora en todo mal,
que o sol
xa brilla
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol,
derrete con amor a escarcha fría.

Rosalía de Castro
Cantares Gallegos


Se non chega a primavera e queres ter vacacións...

O entroido xa pasou, mais os científicos de 5º teñen claro que o que máis lles gusta son as vacacións... Así que non tardes en mercar o "vacalendario" de 5º A ou a máquina do tempo "que só che leva ao verán" de 5º B. 


Este entroido baixamos a Taragoña para presentarlles estes magníficos inventos aos nosos amigos, familiares e veciños. Moitas grazas aos músicos que nos acompañaron durante a saída e tamén a algún pai que se sumou á nosa festa do entroido.






Ao volver ao colexio esperábannos as rosquillas, filloas, orellas... que ricas estaban!