30.10.14

Encrucillado do Samaín

Nunha das probas do xogo de investigación do Samaín, tivemos que resolver un encrucillado e, por se algún andaba despistado ou quere volver a xogar, aquí no noso cuarto volo deixamos.

Feliz Samaín!
 

UN SAMAÍN TERRORÍFICO NO BREA SEGADE

Que ben o pasamos hoxe na escola! A festa do Samaín foi todo un éxito! Tivemos de todo: túnel do terror para entrar no cole e unha chea de monstros e bruxas que asustaban aos nenos e nenas, aínda que a maioría, en vez de asustarse, pasábao de medo!




Despois, cando conseguimos relaxarnos un pouco, comezou o xogo por equipos deste ano. O obxectivo era facer que volvera a luz, xa que estabamos a escuras no cole. Organizáronse os grupos e, equipados con lanternas, comezou a investigación. Había moitas pistas que seguir e misterios que resolver.






Tras superar un montón de probas terroríficas por todo o colexio e o patio, enfrentarse a pantasmas, bechos e momias, os investigadores do Brea Segade conseguiron que volvera a luz e gañaron unha condecoración chulísima polo seu bo traballo. Fixérono de marabilla!

Despois do recreo, os nenos e nenas de cuarto tiñan unha sorpresa preparada: deleitáronnos unha vez máis co baile de Thriller, que ben lles sae, son uns zombis de primeira!


Finalmente, descansamos vendo unha peli de medo que, en realidade, daba moita risa.

Este ano tivemos moita sorte porque, ademais de todo o traballo que fixeron as mestras e mestres do centro para lograr que a festa saíra ben, contamos con nais de alumnos e alumnas que nos axudaron moito, moitísimas grazas María José, Conchi, Esther e Noelia, fixéstelo xenial!


E tamén desfrutamos cunha profe do ano pasado á que asustar se lle da xenial, grazas Angharad!


Coma sempre, tivemos moita axuda de Tino, tanto nos preparativos, como na celebración. Que faríamos sen el na escola?


Ademais, hoxe como era un día especial, as nenas e nenos de 4º B viñeron así de guapos á escola, mirade, mirade:



FOI UN SAMAÍN DE MEDO!

29.10.14

As orixes do Samaín

Gustariavos saber algo máis sobre o Samaín? Pois poñede atención:

A festa de Samaín é de orixe celta. Os celtas foron un pobo que habitou Galicia hai séculos. Para este pobo, a noite do 31 de outubro comezaba o ano. Os celtas tiñan moito respecto polos mortos e pensaban que nesa noite as ánimas dos mortos voltaban visitar ás súas familias e que regresaban ás súas casas para quentarse a carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles preparaban os parentes.

Outro dos costumes dos celtas era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Isto, co paso do tempo, deu lugar á tradición existente hoxe en día de tallar as cabazas e poñer no seu interior unha candea que brille pola noite.

Se queredes saber máis, aquí tedes unhas actividades sobre o Samaín para aprender xogando:

http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim


E lembrade, mañá ímolo pasar de MEDO!!!


28.10.14

Salvarase Pac-Man?

As nenas e nenos dos nosos cuartos fixeron estes murais de Pac-Man en Plástica, ou mellor dito, en Arts and Crafts, para alegrar un pouco os corredores. Tamén temos outro dentro da clase. A que quedaron chulos?









24.10.14

Agardando as vosas terroríficas cabazas...

O xoves día 30 de outubro celebraremos o Samaín na escola e xa temos preparado o expositor de cabazas... Os que queiran, poderán traelas ao colexio a partir do luns día 27 de outubro.
Este Samaín vai ser terrorífico!


23.10.14

Unha chea de bombillas!

O noso cole está cada vez máis cheo de luces de cores e o motivo é que este curso imos a traballar sobre o tema da luz: tipos, historia, enerxía,... E para motivarnos comezamos decorando o centro con guirlandas de bombillas.

Na nosa biblioteca tamén apareceu un novo mural co lema deste curso: "A luzada das letras".  Mirade que bonito está quedando!





21.10.14

Fai un ano...

Aquí vos deixo unha foto dos nenos de cuarto B cando estaban comezando o terceiro curso. Canto medráchedes!


Podedes ver máis fotos na galería do CEP Brea Segade.