30.10.14

UN SAMAÍN TERRORÍFICO NO BREA SEGADE

Que ben o pasamos hoxe na escola! A festa do Samaín foi todo un éxito! Tivemos de todo: túnel do terror para entrar no cole e unha chea de monstros e bruxas que asustaban aos nenos e nenas, aínda que a maioría, en vez de asustarse, pasábao de medo!




Despois, cando conseguimos relaxarnos un pouco, comezou o xogo por equipos deste ano. O obxectivo era facer que volvera a luz, xa que estabamos a escuras no cole. Organizáronse os grupos e, equipados con lanternas, comezou a investigación. Había moitas pistas que seguir e misterios que resolver.






Tras superar un montón de probas terroríficas por todo o colexio e o patio, enfrentarse a pantasmas, bechos e momias, os investigadores do Brea Segade conseguiron que volvera a luz e gañaron unha condecoración chulísima polo seu bo traballo. Fixérono de marabilla!

Despois do recreo, os nenos e nenas de cuarto tiñan unha sorpresa preparada: deleitáronnos unha vez máis co baile de Thriller, que ben lles sae, son uns zombis de primeira!


Finalmente, descansamos vendo unha peli de medo que, en realidade, daba moita risa.

Este ano tivemos moita sorte porque, ademais de todo o traballo que fixeron as mestras e mestres do centro para lograr que a festa saíra ben, contamos con nais de alumnos e alumnas que nos axudaron moito, moitísimas grazas María José, Conchi, Esther e Noelia, fixéstelo xenial!


E tamén desfrutamos cunha profe do ano pasado á que asustar se lle da xenial, grazas Angharad!


Coma sempre, tivemos moita axuda de Tino, tanto nos preparativos, como na celebración. Que faríamos sen el na escola?


Ademais, hoxe como era un día especial, as nenas e nenos de 4º B viñeron así de guapos á escola, mirade, mirade:



FOI UN SAMAÍN DE MEDO!

4 comentarios:

  1. Lo que más me gustó del "Samaín" fue que viniera una profesora de inglés del año pasado llamada Angharad. Angharad se disfrazó de maníaca de la navaja, y andaba a pinchar a toda las profes y a todos los niños y niñas. También Breogán, un amigo mío, descubrió que su madre estaba disfrazada de bruja en el colegio. Breogán y Eloy, su primo, le sacaron el sombrero tres veces. Miguel B.C.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois si que é divertido, pero eu xa sabía que e súa nai estaba aí, jajaja. Espero que a ti tamén che gustara o samaín tanto como a todo o colexio.

      Eliminar
  2. Pois si, Miguel. Temos que agradecerlle a Angharad que viñera a pasar este día terrorífico con nós. Pasámolo en grande no Samaín!

    ResponderEliminar
  3. O samaín foi bestial! Encantoume, pero non podo negar que me deu un pouco de medo. Eu non fun disfrazada pero paseino de MORTTEEE!!!!!!! Espero que este ano sexa igual de divertido e de medoso. As miñas partes favoritas foron a busca do tesouro (se é que se di así), a xente que vai disfrazada e que os pais colaboren un puco jajajajajajajaja :) :-) ;-)

    ResponderEliminar