3.11.14

Canto choio hai en secretaría!

En 4º B sábemolo ben... Os nosos secretarios e secretarias teñen unha chea de tarefas diarias, menos mal que é un traballo compartido e cada día tócalle a unha nena ou neno distinto ocuparse delas. Así lévase moito mellor a burocracia da clase! Tomade nota de todas as responsabilidades que conleva a secretaría da aula:


1. Poñer a data e o nome do secretario ou secretaria do día.

 

2. Apuntar os alumnos ou alumnas que faltan ese día á escola.


3. Actualizar o diario de aula, no que hai que escribir o que se fai en cada clase.


4. Levar un rexistro semanal dos empréstitos e devolucións de libros da biblioteca.

 

5. E todas aquelas tarefas que haxa que facer ao longo do día: pedir fotocopias, repartir circulares, dar recados...


Xa vedes que hai que estar en todo! Pero os rapaces e rapazas do noso cuarto son moi espelidos e fan todo con eficacia. Así da gusto!

6 comentarios:

  1. A secretaria e moi importante porque temos que apuntar os nenos que faltan, os libros que emprestamos da biblio e anotar o que facemos en clase.

    Noelia Miguéns Castaño.

    ResponderEliminar
  2. A secretaria mola. Tamén cansa pero e moi divertido facemos moitas cousas: repartimos papeis por todas as clases, collemos fotocopias,...

    ResponderEliminar
  3. Secretaria e o mellor que me pasou na vida, aunque canse mola. Temos que facer recados, os que nos manda a profesora case sempre temos que andar por todo o colegio.

    Noelia Miguens castaño. 4ª B.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É verdade sempre temos que andar por todo o colexio pero a verdade é que sempre teño ganas de que me toque a min.


      Rocío Buela Fungueiriño.

      Eliminar
    2. XAS ROCIO MOLA MOITO PORQUE TRMOS QUE ANDAR A IR DE CLASE EN CLASE

      Eliminar
  4. Secretaría mola, pero cansa un pouco, a verdade.Gústame ir polas clases a facer unha tarea.

    Ruth Creo Carril

    ResponderEliminar