20.12.14

Boas vacacións!

Por fin chegou o día do festival e os nenos e nenas do noso cuarto bailaron de maravilla! Que bonita a súa actuación e que elegantes estaban todos! Agora toca descansar un pouquiño para coller forzas e seguir traballando así de ben. E se chove... Que chova!
Felices festas!


16.12.14

Á conquista de Carcassonne!

Hoxe imos presentar un dos xogos que temos na aula: Carcassonne. Trátase dun xogo de estratexia ambientado na cidade amurallada francesa do mesmo nome. A cidade de Carcassonne é coñecida polas súas murallas e construccións medievais. Mirade que paisaxe tan fermosa:


O xogo consiste en crear un mapa onde os xogadores compiten por conseguir o maior número de puntos conquistando as mellores posesións (cidades, camiños, monasterios e campos).

O xogo é sinxelo: os xogadores, por turnos, van engadindo unha peza ao mapa da cidade, sobre o que poden colocar unha das súas fichas (sobre un camiño, unha cidade ou un monasterio; pero non se poden poñer fichas nunha construcción que xa ocupa outro xogador). Cando as construccións se completan, o xogador que teña a súa ficha ocupándoa gaña os puntos correspondentes: 1 punto por cada casilla de camiño, 2 por cada casilla de cidade e 9 por cada monasterio.
O xogo remata cando se terminan as pezas de mapa. Entón se reparten o resto dos puntos polas construccións inacabadas: 1 punto por cada casilla de cada tipo. Gaña o xogador con máis puntos.

Aínda estamos aprendendo a xogar, pero ten moi boa pinta. Seguro que imos pasar momentos moi divertidos planeando a nosa estratexia para gañar máis puntos!

9.12.14

O nadal xa está aquí!


Hoxe chegou o nadal ao Brea Segade!


No recreo puidemos ver como a exposición da biblioteca "Un libro para agasallar" comezaba os seus preparativos... Ide tomando nota dos vosos títulos favoritos!

E presidindo a exposición, a nosa árbore de nadal, que un ano máis apoia a reciclaxe e o consumo responsable.

Grazas a todas as familias que colaborastes traendo materiais para a súa construción!

4.12.14

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Onte, todo o alumnado do centro tivo a sorte de asistir ao Auditorio de Rianxo para desfrutar da obra de teatro "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" de Carlos Casares, versionada e dirixida por José Caldas e interpretada polo Centro Dramático Galego.
Neste enlace podedes descubrir moitas máis cousas sobre "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas".


Mirade que atentos estaban as nenas e nenos do noso cuarto esperando que comezara a función:


Deixámosvos tamén un video do Centro Dramático Galego sobre a obra:

3.12.14

As receitas do noso cuarto: Rocío

Esta semana Rocío tráenos unha receita sinxela e que sempre triunfa:

PIZZA DE XAMÓN E QUEIXO


Ingredientes:
  • Masa de pizza
  • Salsa de tomate
  • Queixo
  • Xamón
  • Ourego
Elaboración:
Coller a masa e poñela sobre unha bandexa. A continuación, botarlle a salsa de tomate.
Despois, engadirlle o xamón, o queixo e o ourego e, por último, metela no forno 15 minutos a 180 graos.

Xa vedes que é ben fácil de facer, así que animádevos a facela na casa e bo proveito!