13.2.15

Un entroido POWER METAAAAL!!!

Este ano o entroido foi algo diferente. Non tiñamos que vir cun disfrace da casa nin tampouco facelo na escola. Simplemente había que ir traendo complementos ao longo da semana e deixalos na clase para, o venres, artellar un disfrace na aula todos xuntos co que tiveramos alí.
Ademais, había que preparar unha actuación para deleitar aos compañeiros e compañeiras dos outros cursos. No noso cuarto, como somos moi fans do heavy metal, decidimos facer unha versión da canción "The Final Countdown" do grupo Europe, unha banda sueca de hard rock que triunfou internacionalmente na década dos 80. Deixámosvos aquí o video orixinal de "The Final Countdown":


Gústanos tanto o heavy que decidimos ir traendo para a clase complementos dese estilo: perrucas de pelo longo, panos e calquera cousa con caveiras, pinchos ou chatolas. Con todos os accesorios que xuntamos, preparámonos e quedamos así de metaleiros:


A nosa versión da canción, titulada "Vou Tocala Frauta", quedou moi graciosa! Que ben o pasamos nos ensaios e na actuación! Este tipo de música préstase a que fagamos tolerías, saltemos, meneemos as melenas e o pasemos xenial.
A actuación no auditorio foi, unha vez máis, todo un éxito! Estes rapaces e rapazas son uns auténticos artistas! Deixámosvos un anaquiño da actuación para que a poidades ver na casa.


Despois das actuacións no auditorio, fomos ao pavillón e alí fixemos xogos nos que nos divertimos moito.


Despois volvemos ao cole onde tiñamos preparada unha mesa enorme con filloas, orellas, rosquillas... Vaia merenda carnavaleira, estaba todo delicioso!
Por último, e como fin de festa. queimamos o Toribio, que este ano xa fixo o seu traballo.
Menuda festa do entroido máis completa tivemos! Agora a descansar e seguir desfrutando estes días de vacacións. E lembrade, longa vida ao POWER METAAAAAL!!!

5 comentarios:

  1. Aquí vos deixo a letra do noso hit do Entroido:

    TOCALA FRAUTA

    Starway to heaven
    Me sae xenial
    Eu sopro moi forte
    E soa brutal
    Na festa do final de curso
    Van alucinar
    Coa miña frauta do metal

    Vou tocala frauta!

    Desde o ano pasado
    Estou a ensaiar
    Xa me saen todas
    As de Manowar
    O profe xa se vai cansando
    Do power metal
    Quere tocar una do Luar

    Vou tocala frauta!

    Imos tocala frauta
    Tocala together
    Tocala frauta!
    Soprando forever

    ResponderEliminar
  2. Que boa ANDREA!!!!!!!!!!!!! Que idea tan boa, escribir unha letra tan chula para o festival de Carnaval. Noelia e Ruth.

    ResponderEliminar
  3. A tocar a frautaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!!!!!!


    Heavy Metal

    ResponderEliminar
  4. O power metal e o mellor. Todos deberíamos escoitalo algunha vez.

    Rocío e Ruth.

    ResponderEliminar