30.4.15

Spring is in the air! A primavera está no aire!


Aínda que o tempo que vai hoxe non axuda a crer que esteamos na primavera, a verdade é que esta estación está xa con nós, así que, en Plástica, os nenos e nenas de 4º B e 3º fixeron uns fermosos debuxos con acuarelas para decorar os corredores da escola e lembrarnos que xa se respira primavera por todas partes.








Con estas coloridas láminas, despedímonos de vós ata o luns e lembrámosvos que temos por diante unha longa fin de semana. Desfrutade moito destes tres días de descanso e volvémonos ver o luns con moitas ganas de traballar!

28.4.15

As receitas do noso cuarto: Hugo

Hoxe Hugo preséntanos unha receita moi fresca e saudable: unha deliciosa ensalada con moitos ingredientes.

INGREDIENTES:
  • leituga
  • tomate
  • cebola
  • ovo
  • atún
  • cangrexo
  • aceitunas
  • remolacha
  • cenoria
  • pavo
  • queixo

ELABORACIÓN:
  1. Lavar a leituga, o tomate, a cebola, a remolacha e a cenoria.
  2. Relar a cenoria e a remolacha.
  3. Limpar o ovo e cocelo en auga fervendo durante dez minutos.
  4.  Picar o resto de ingredientes.
  5. Mesturar todo nun bol e botarlle aceite, vinagre e sal.
Xa vedes que é unha receita moi sinxela que podedes facer na casa para sorprender aos vosos familiares. Así que animádevos a desfrutar desta deliciosa ensalada!

21.4.15

Monster Madness!

"Brad and Janet's car breaks down on a deserted road in the middle of a storm. There is a light on in the distance. They hear voices and music. They decide to seek help at the sinister-looking castle on top of the hill. Dr Frankenstein is throwing a wild party to celebrate the birth of his latest creation, and he welcomes the young couple into his dark and mysterious abode. He will help them... but at a price."


Acabamos de chegar do Auditorio de Rianxo de ver unha obra en inglés titulada Monster Madness, da compañía de teatro Face 2 Face. Os actores fixérono xenial e ademais subiron ao escenario tamén a algúns nenos/as que facían de zombies, de axudantes do Doutor Frankenstein,... Unha mágoa que non levasen a algún dos nenos/as do noso cuarto, que son uns artistazos!



19.4.15

Hora de ler: Noelia

A nosa biblioteca está a organizar unha exposición no cole con "selfies" dos alumnos/as acompañados de familiares e/ou amigos amosando a portada dun dos seus libros favoritos. A campaña, iniciativa da OEPLI (organización española para o libro infantil e xuvenil), chámase "Nós lemos, e ti?". Animádevos a enviar as vosas fotos!

Os nenos/as do noso cuarto xa teñen algún "selfie" na exposición, pero ademais durante este mes iremos ensinándovos fotos cos libros que rematamos na hora de ler. 

NOELIA: Fairy Oak

"He elegido este libro porque va de que un grupo de amigas que tienen problemas, los resuelven. Y también los dibujos están muy detallados, y entre todo esto me encanta. El libro se llama Fairy Oak."

Noelia Miguéns Castaño


14.4.15

Visita á biblioteca municipal e ao museo de Manuel Antonio

Durante a pasada semana todo o alumnado da escola foi de visita á biblioteca pública de Rianxo para conmemorar que estamos en abril, mes dos libros. Aos nenos e nenas dos nosos cuartos tocoulles o mércores e, para aproveitar a viaxe, fomos tamén ao museo de Manuel Antonio.


No museo aprenderon un montón de cousas interesantes sobre o poeta Manuel Antonio. Que atentos estaban ás explicacións de Rebeca!


E parece que a poesía abre o apetito, porque despois de visitar o museo fomos merendar ao parque e xogar un ratiño.




Na biblioteca de Rianxo, Sofía contoulles o relato de Rafael Dieste "De como veu a Rianxo unha balea", incluído no libro "Dos arquivos do Trasno". Despois de atender á historia, escribiron unha noticia na que explicaron como acontecera tal feito.



Finalmente, tiveron un anaco para mirar os libros novos da biblioteca. Que ganas tiñan de collelos e botarlles unha ollada!