30.6.15

En setembro voltamos!



BOAS VACACIÓNS!

Isa e Andrea

Rematamos!

E ata aquí o curso 2014/2015... Os nenos dos nosos cuartos merecen unhas boas vacacións para poder voltar en setembro coas pilas ben cargadas!
Non queriamos despedirnos deste curso sen falar do ben que o pasamos na festa do último día de escola: houbo karaoke, pompas de xabón, globoflexia, pyssla, estoxos, colares, maquillaxe, carreiras... Pero onde máis disfrutamos foi na batalla da auga! Que mágoa non ter fotos dese momento... e que calquera se atrevía a saír coa cámara!



 








Mirade que artistazos tiñamos en cuarto este ano:





As fotos "retro" do noso cuarto

Seguro que máis de un recorda esas fotos que se facían nos colexios hai xa uns anos na que os alumnos/as posaban rodeados de libros e mapas. Os nenos de cuarto B posaron tamén deste xeito para agasallar ás familias con esta bonita postal:















18.6.15

Ale hop!

Que artistas temos en cuarto! Hoxe despois do recreo tivemos unha visita moi especial na clase: os nosos compañeiros de cuarto A viñeron facer un espectáculo de maxia!
Houbo trucos de cartas, fixeron desaparecer moedas... e outras cousas moi sorprendentes. Noraboa rapaces!









5.6.15

As receitas do noso cuarto: Breogán

O chef Breogán ensínanos como facer uns deliciosos espaguetes con salsa de tomate e carne.

INGREDIENTES:
Espaguetes
Salsa de tomate natural
Carne picada
Allo
Perexil
Sal

ELABORACIÓN:
Antes de nada, adobamos a carne picada con allo e perexil.
A continuación, poñemos a carne nunha tixola con aceite e deixamos que se faga lentamente.
Botamos a salsa de tomate natural e unha area de sal e remexemos ata que estea cociñada.
Nunha ola con auga fervendo e un pouco sal, bótanse os espaguetes e déixanse cocer uns dez minutos.
Cando os espaguetes estean cocidos, escórrense, mestúranse coa carne e a salsa de tomate e xa están listos para servir. Bo proveito!

1.6.15

Hora de ler: Hugo

SCOOBY-DOO: El ojo del dragón (cómic), de John Rozum y Frank Strom.

"A mí me gustó porque va de resolver misterios. Hay dos personajes que solo piensan en comer y uno de ellos es un perro que habla y come todo lo que se le pone por delante. Mi parte favorita es cuando juntan todas las partes del ojo del dragón y aparece un fantasma enorme."

Hugo Pérez Iglesias