24.2.16

Se non chega a primavera e queres ter vacacións...

O entroido xa pasou, mais os científicos de 5º teñen claro que o que máis lles gusta son as vacacións... Así que non tardes en mercar o "vacalendario" de 5º A ou a máquina do tempo "que só che leva ao verán" de 5º B. 


Este entroido baixamos a Taragoña para presentarlles estes magníficos inventos aos nosos amigos, familiares e veciños. Moitas grazas aos músicos que nos acompañaron durante a saída e tamén a algún pai que se sumou á nosa festa do entroido.






Ao volver ao colexio esperábannos as rosquillas, filloas, orellas... que ricas estaban!




1 comentario:

  1. O entroido molou moito. As cancións estiveron moi ben e moi traballadas. Os inventos foron espectaculares, sobre todo a máquina que le mentes e a máquina do tempo.

    Noelia Miguéns Castaño 5ºB

    ResponderEliminar